Lingua abua

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O abua é unha lingua do grupo atlántico da familia níxero-congolesa falada en Nixeria.
ISO/DIS 639-3: abn

Distribución xeográfica[editar | editar a fonte]

Fálase nas áreas locais de Degema e Ahoada, en Rivers State, hai unha pequena pero moi próspera comunidade inmigrada en Estados Unidos.

Falantes[editar | editar a fonte]

30.000 (2002)

Dialectos[editar | editar a fonte]

O abua distingue catro dialectos: Ogbo, Emughan, Otabha e Okpeden

Escrita[editar | editar a fonte]

A produción escrita en abua é escasa, a maior parte son traducións de obras de tipo relixioso e materiais publicados por lingüistas.
Os primeiros materiais son de 1971, Aselemi adibel adinya itugha onu Abuan e Opuru adiri ogbia obra de Ian Gardner e Idumesaro respectivamente, en 1978 traduciuse o Novo Testamento, en 1980 Ian Gardner publica un dicionario abau-inglés.

Historia[editar | editar a fonte]

Por volta do século XIII o pobo abua emigrou dende as súas aldeas, situadas no actual Camerún, xunto aos efik e aos ibibios, ao territorio que ocupa actualmente.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]