Lingua aari
| Aari (aari) | ||
|---|---|---|
| Falado en: | Etiopía | |
| Rexións: | Jinka | |
| Total de falantes: | 158.857 | |
| Familia: | Linguas omóticas Linguas omóticas do sur Aari |
|
| Códigos de lingua | ||
| ISO 639-1: | -- | |
| ISO 639-2: | --- | |
| ISO 639-3: | aiz | |
O aari ou ari é lingua afroasiática do grupo omótico falada no sur de Etiopía, na rexión das montes Jinka.
Código ISO/DIS 639-3: aiz
Índice |
Falantes [editar]
Un total de 158.857 persoas teñen o aari como lingua materna, deles 129.350 son monolingües, e para 13.319 persoas é unha segunda lingua (censo 1998).
Dialectos [editar]
Aínda que non hai ningún estudo en profundidade sobre a lingua crese que está dividido en cando menos dez dialectos, que se corresponde con cada unha das tribos:
Gozza, Baci, Bio, Galila, Laydo, Seyki, Shangama, Sido, Wubahamer e Zeddo.
O Sido é o dialecto central.
Produción editorial [editar]
A produción de libros en aari limítase a traducións de carácter relixioso feito por misioneiros protestantes (1997 tradución do Novo Testamento) e libros para a aprendizaxe da lectoescritura.
Historia e crenzas [editar]
Os aaris, un pobo agrícola, vivían en tribos estruturados en clans ata que en 1897 foron reducidos por Menelik II á servidume. Houbo que agardar ata 1974 para que a terra voltara ao pobo aari. Aínda que hai unha igrexa copta en case todas as aldeas aari, a maioría dos aari mantén as crenzas tradicionais. Dende 1950 arredor dun 15% dos aari converteuse ao protestantismo.
Bibliografía [editar]
- "Notes on the Aari Language", Richard Hayward. Capítulo 8 de Omotic Language Studies, ed. Richard Hayward. SOAS: Londres 1990 (traballo realizado analizando a lingua dun estudante aari da Universidade de Adís Abeba, foi o primeiro estudo da lingua).