Lingua A'Tong

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O A'Tong é unha lingua sino-tibetana, do grupo Bodo-Garo. O pobo a'tong vive no curso baixo do río Someswari ou Simsang, na India (nas Garo Hills, estado de Meghalaya) e en Bangladesh (distrito de Mymensingh). O dialecto falado en Bangladesh, denominado Ating, é significativamente diferente do da India. A última investigación sobre o número de falantes é de comezos do século XX, dando 15.000 falantes( 10.000 nas Garo Hills e 5.000 en Mymensingh).

Algúns lingüistas afirman que o a'tong podería ser un dialecto da lingua Koch, e os a'Tong considéranse parte do pobo garo, a pesar de que o a'Tong non é comprensible para o resto dos garos. A lingua goza de gran vitalidade, úsanna todos os grupos de idade no seu territorio tradicional.

ISO/DIS 639-3: aot

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]