Lil Wayne
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa música que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
| Lil Wayne | |
|---|---|
| Nome completo | Dwayne Michael Carter, Jr. |
| Alias | |
| Naceu | 27 de setembro de 1982 (30 anos) |
| Orixe | Nova Orleáns, Louisiana |
| Morreu | |
| Ocupación (s) | |
| Xénero | |
| Instrumento(s) | voz |
| Tipo de voz | |
| Selo(s) discográfico (s) | |
| Relacionado con | |
| Tempo en activo | 1993 - actualidade |
| Web | |
Dwayne Michael Carter, Jr., nado o 27 de setembro de 1982 en Nova Orleáns, máis coñecido polo nome artístico de Lil Wayne, é un rapeiro norteamericano.
Traxectoria [editar]
Antigo compoñente do grupo de rap Hot Boys, uniuse a Cash Money Records de mociño. Get It How U Live!, editado en 1997, foi o primeiro álbum de Wayne cos Hot Boys, e Tha Block is Hot, o seu primeiro álbum en solitario data de 1999, chegando ós primeiros postos da American Billboard 200
Despois de adquirir fama con outros dous álbums nos primeiros anos da década do 2000, Lil Wayne chegou ó cumio en 2004 co álbum Tha Carter e as súas continuacións Tha Carter II (2005), e especialmente, Tha Carter III (2008). En 2009 está previsto o lanzamento para o 24 de novembro do álbum Rebirth. En 2005 fundou o seu propio selo discográfico, Young Money Entertainment e tamén é o presidente da Cash Money Records.
Discografía [editar]
- Tha Block Is Hot (1999)
- Lights Out (2000)
- 500 Degreez (2002)
- Tha Carter (2004)
- Tha Carter II (2005)
- Tha Carter III (2008)
- Rebirth (2009)
- Tha Carter IV (2010)