Montbéliard

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Montbéliard é un concello francés (commune) que forma parte da metrópole Rhin-Ródano. Está situado no departamento de Doubs, na rexión do Franco-Condado.

O antigo nome xermánico de Montbéliard foi Mömpelgard. De 1042 à 1793, a cidade formou parte do Sacro Imperio Romano Xermánico e formou o núcleo do condado de Montbéliard, e despois do principado de Montbéliard (Grafschaft Mömpelgard) fundado polo emperador Conrado II o Sálico. No século XVI, Montbéliard adhírese á Reforma protestante ao exemplo da República de Mulhouse e das cidades suízas.

O principado foi anexionado por Francia nos tempos da Revolución francesa, en 1793. Montbéliard cambiou entón varias veces de departamento. A cidade formou parte, en principio, do Haute-Saône, e despois, en 1797, do departamento do Mont-Terrible antes de volver a Alsacia en 1800 pola súa integración no departamento do Haut-Rhin. As perdas territoriais de 1815 levaron á súa integración definitiva no departamento de Doubs en 1816.

Montbéliard é o centro dunha aglomeración de 119.059 habitantes e forma con Belfort a máis grande área urbana da rexión, con 285.026 habitantes.