Ligas de fútbol de España

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaLigas de fútbol de España
Tiposistema de ligas (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Localización  e  Datas
PaísEspaña Editar o valor em Wikidata
Vixencia1929 – Editar o valor em Wikidata

A liga española de fútbol é a principal competición entre equipos de fútbol de España.[1] Celébrase anualmente desde 1929, e a tempada desenvólvese entre os meses de setembro (ou finais de agosto) e xuño (ou finais de maio). O torneo consta de ligas ou divisións interconectadas entre si, cuxa máxima categoría é a Primeira División. Ao termo de cada tempada e en función dos resultados obtidos, os equipos participantes poden ascender ou descender de liga ou de división.

Sistema de ligas[editar | editar a fonte]

Ligas masculinas[editar | editar a fonte]

Categoría Ligas ou divisións
1 Primeira División


20 equipos

2 Segunda División


22 equipos

3 Primeira Federación


2 grupos de 20 equipos cada un

4 Segunda Federación


5 grupos de 18 equipos cada un

5 Terceira Federación


18 grupos de 18 equipos cada un

6 Categorías rexionais

Ligas femininas[editar | editar a fonte]

Categoría Ligas ou divisións
1 Primeira División


16 equipos

2 Primeira Federación


16 equipos

3 Segunda Federación


32 equipos (2 grupos)

4 Primeira Nacional


96 equipos (6 grupos)

5 Categorías rexionais

Evolución temporal[editar | editar a fonte]

Sistema de ligas femeninas[editar | editar a fonte]

1.ª categoría 2.ª categoría 3.ª categoría 4.ª categoría 5.ª categoría
1988-96 Liga Nacional Feminina
1996-01 División de Honra Feminina
2001-11 Superliga Feminina Primeira Nacional de Fútbol Feminino
2011-19 Primeira División Feminina Segunda División Feminina Categorías rexionais
2019-Act. Primeira División Primeira Federación Segunda Federación Primeira Nacional Categorías rexionais

Sistema de competición[editar | editar a fonte]

Equipos participantes[editar | editar a fonte]

Para poder participar na liga española os clubs deben estar federados. No caso das categorías profesionais (Primeira e Segunda División), os clubs tamén deben cumprir os requisitos esixidos pola liga de Fútbol Profesional (LFP).

A diferenza doutros países, os equipos filiais poden participar na liga, aínda que nunca nunha división igual ou superior á do equipo ao que pertencen.

Desenvolvemento da competición[editar | editar a fonte]

Aínda que o número de equipos que integran cada división varía, todas as categorías seguen un mesmo sistema de competición. O torneo desenvólvese entre os meses de setembro (ou finais de agosto) e xuño (ou finais de maio) do seguinte ano. Cada club enfróntase dúas ocasións aos demais equipos do seu mesma división (unha vez en campo propio e outra no do contrario), seguindo un calendario establecido por sorteo a principio de tempada. Xeralmente dispútase unha xornada cada semana (coincidindo co fin de semana). Os encontros finalizan ao noventa minutos, sen prórrogas nin quenda de penaltis en caso de terminar en empate.

Regulamentación e xustiza deportiva[editar | editar a fonte]

A xustiza deportiva da competición está xestionada polo Comité de Competición da liga, organismo encargado de impor sancións e dirimir os conflitos entre clubs. Os árbitros (todos españois) dos partidos son designados, a través dun comité de designación formado por tres membros: Antonio Jesús López Nieto (exárbitro malagueño internacional), Evaristo Puentes Leira (exárbitro galego de Primeira División) e Victoriano Sánchez Arminio (presidente do Comité Técnico de Árbitros). Un árbitro non pode dirixir un partido no que participe un equipo da mesma comunidade rexional na que estea colexiado.

Referencias[editar | editar a fonte]

  1. El Futbol Club Andorra participa en la Segunda Catalana.