Primeira División española de fútbol feminino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Primeira División Feminina, antigamente chamada Superliga, é a máxima categoría da liga española de fútbol feminino, que organiza a RFEF dende 1988. O vixente campión de liga é o FC Barcelona, mentres que os clubs máis laureados na historia do torneo son o Athletic Club EFT e o Levante Unión Deportiva, con 4 títulos cada un.

Formato[editar | editar a fonte]

Creada en 1988 co nome de Liga Nacional de fútbol feminino, na súa primeira edición (1988-89) constou dun único grupo con 9 equipos. Nas seguintes edicións introducíronse varios cambios no seu formato, de xeito que durante anos foi un torneo no cal os equipos estaban divididos en 4 grupos segundo criterios xeográficos, e que ó remate da tempada regular xuntaba ós gañadores de cada grupo nunha localidade e enfrontábaos entre si nunha final a 4 polo título.

A tempada 2001-02 foi a primeira coa denominación Superliga, que trouxo consigo o formato clásico de liga cun grupo único, no cal había 12 equipos. Ese número de equipos medrou na tempada 2003-04 a 14, e na tempada 2008-09 a 16.

A edición 2009-10 volveu ó antigo sistema de varios grupos e varias fases, cun crecemento no número de equipos de 16 a 24, o cal provocou moitas críticas entre o colectivo de xogadoras. Non obstante, o sistema mantívose na seguinte tempada, cun equipo mais.

Na última tempada, a 2011-12, o nome Superliga foi trocado polo de Primeira División, e o formato consiste novamente nun grupo único de 18 equipos, que disputan unha liga regular de 34 xornadas nas que cada equipo xoga 2 encontros fronte ós outros 17, un como local e outro como visitante.

Equipos[editar | editar a fonte]

Os 18 equipos participantes na edición 2011-12 da Primeira División de fútbol feminino foron os seguintes:

Club Cidade Estadio
Athletic Club EFT Bilbao Lezama
Club Atlético de Madrid Madrid Cerro del Espino
Club Atlético Málaga Málaga Estadio Ciudad de Málaga
Futbol Club Barcelona Barcelona Ciutat Esportiva Joan Gamper
Unión Deportiva Collerense Palma Can Caimari
Comarca Llanos Olivenza Olivenza Ciudad Deportiva de Olivenza
FVPR El Olivo Vigo Monte da Mina
Reial Club Deportiu Espanyol Barcelona Ciutat Esportiva del RCD Espanyol
Sociedad Deportiva Lagunak Barañáin Municipal Lagunak
Unió Esportiva L'Estartit Torroella de Montgrí Municipal de L'Estartit
Levante Unión Deportiva Valencia Polideportiu Natzaret
Prainsa Zaragoza Zaragoza Pedro Sancho
Rayo Vallecano Madrid Ciudad Deportiva Rayo Vallecano
Real Sociedad Donostia-San Sebastián Zubieta
Reocín Racing Puente San Miguel Municipal Pepín Cadelo
Club Esportiu Sant Gabriel Sant Adrià de Besòs Municipal José Luis Ruiz Casado
Sporting Club de Huelva Huelva Ciudad Deportiva de El Conquero
Valencia Féminas CF Valencia Municipal de Beniferri

Palmarés[editar | editar a fonte]

O Athletic Club EFT festexando o título en 2007.
Imaxe dun encontro Levante-Huelva.
O RCD Espanyol, campión da Liga en 2006 e da Copa en 2010.
Tempada Campión Subcampión
Primeira División Feminina
2011-12 FC Barcelona Athletic Club EFT
2010-11 Rayo Vallecano RCD Espanyol
2009-10 Rayo Vallecano RCD Espanyol
2008-09 Rayo Vallecano Levante UD
2007-08 Levante UD Rayo Vallecano
2006-07 Athletic Club EFT RCD Espanyol
2005-06 RCD Espanyol Sevilla FC
2004-05 Athletic Club EFT Levante UD
2003-04 Athletic Club EFT CE Sabadell
2002-03 Athletic Club EFT Levante UD
2001-02 Levante UD CF Puebla
2000-01 Levante UD Eibartarrak FT
1999-00 CF Irex Puebla AD Torrejón CF
1998-99 Oroquieta Villaverde CF Irex Puebla
1997-98 Club Atlético Málaga Sant Vicent Valencia CFF
1996-97 Sant Vicent Valencia CFF Añorga KKE
1995-96 Añorga KKE Oroquieta Villaverde
1994-95 Añorga KKE Oroquieta Villaverde
1993-94 Oroquieta Villaverde Añorga KKE
1992-93 Oroquieta Villaverde Añorga KKE
1991-92 Añorga KKE Barcelona Formas
1990-91 Oiartzun KE Atlético Villa de Madrid
1989-90 Atlético Villa de Madrid Peña Barcelonista Barcilona
1988-89 Peña Barcelonista Barcilona CF Parque Alcobendas

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]