Lidia Brito

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLidia Brito
Biografía
Nacemento1965 Editar o valor em Wikidata (58/59 anos)
Minister of Higher Education, Science and Technology (en) Traducir
17 de xaneiro de 2000 – 2 de febreiro de 2005 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeMozambique Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade do Estado do Colorado (pt) Traducir
Universidade de Colorado Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónenxeñeira , ecoloxista Editar o valor em Wikidata


Lidia Brito, nada en 1985, é unha enxeñeira mozambiqueña experta en silvicultura, conferenciante universitaria, investigadora e asesora na Universidade Eduardo Mondlane.[Cómpre referencia]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Brito posúe un grao en Enxeñaría forestal pola Universidade Eduardo Mondlane (Mozambique) e acadou un mestrado en ciencias e o título de doutora en Ciencias Forestais pola Universidade Estatal de Colorado (EEUU). Foi primeira Ministra de Educación Superior, Ciencia e Tecnoloxía de Mozambique entre 2000 e 2005 e vicerreitora da Universidade Eduardo Mondlane entre 1998 e 2000.[1]Máis tarde desempeñou as funcións de asesora do Alcalde para a Planificación Estratéxica e Relacións Externas en Maputo. Internacionalmente é unha recoñecida académica que promove o desenvolvemento sustentable e a administración comunitaria baseada en África en xeral, e é membro do Consello de Gobernanza IHE-UNESCO desde decembro de 2009.[2] Brito é directora de política de ciencia en UNESCO e é copresidenta da conferencia, Planet under pressure.[3][4][5]

É tamén unha participante activa e conferenciante en moitas conferencias e cumes internacionais.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Speaker's bios" (PDF). Science with Africa, UNECA. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de xuño de 2011. Consultado o 19 de novembro de 2010. 
  2. "Mozambique's ex-science minister heads to UNESCO". SciDevNet. Consultado o 19 de novembro de 2010. 
  3. Jolly, David (29 de marzo de 2012). "Time Is Nigh for Global Action, Manifesto Warns". Green (blog)The New York Times. 
  4. "Scientific Committee". Planet under pressure. Arquivado dende o orixinal o 19 de marzo de 2011. 
  5. Revkin, Andrew C. (29 de marzo de 2012). "Scientists Call for Practical Steps to Smooth Humanity's Journey". Dott Earth, New York Times Blog. 
  6. Drinkovic, Nina (18 de decembro de 2007). "IIASA Conference '07, Global Development: Science and Policies for the Future". IIASA. Arquivado dende o orixinal o 01 de marzo de 2012. Consultado o 13 de maio de 2013.