Leonid Osyka

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLeonid Osyka
Nome orixinal(uk) Леоні́д Михайлович Осика Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento8 de marzo de 1940 Editar o valor em Wikidata
Kíiv, Ucraína Editar o valor em Wikidata
Morte16 de setembro de 2001 Editar o valor em Wikidata (61 anos)
Kíiv, Ucraína Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério de Baikove (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeUnión Soviética
Ucraína Editar o valor em Wikidata
EducaciónInstituto Gerasimov de Cinematografía
Odesa School of Theatre Arts (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de cinema , guionista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1966 Editar o valor em Wikidata -
Familia
CónxuxeSvitlana Kniazeva
Premios

IMDB: nm0652673 Allmovie: p243865
Find a Grave: 148349462 Editar o valor em Wikidata

Leonid Osyka (en ucraíno: Леонід Осика), nado en Kíiv o 8 de marzo de 1940 e finado na mesma cidade o 16 de setembro de 2001, foi un director de cine, produtor, e guionista ucraíno.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Léonide Ossyka naceu en Kíiv o 8 de marzo de 1940. Estudou na Escola de Artes Teatrais de Odesa (1959) e logo cinema no Instituto Gerasimow de Cinematografía dende 1965.

Comezou a súa carreira no estudio de cinema Alexander Dowschenko como maquillador antes de converterse en guionista e director. A súa primeira película, a curtametraxe Входящая в море (Entrando no mar, 1965) foi etiquetada como "existencialista e con elementos tomados da New Wave". O director continuou ó ano seguinte con Кто вернётся — долюбит (Quen volva - amará, 1966), unha película bélica na que o son é interrompido por poemas escritos durante a Segunda guerra mundial, en particular os de Semion Goudzenko. En 1971, o seu drama histórico Zakhar Berkout, adaptado do conto homónimo de Ivan Franko que relata a invasión mongol de Rusia, gañou o "Premio á preservación das tradicións do folclore épico" no Festival de Cine de toda Rusia en Tbilisi. En 1976, volveu ser premiado no Festival de toda Rusia, esta vez en Frounzé, onde a súa película Тривожний місяць вересень (Ansioso mes de setembro) gañou o "Premio ó desenvolvemento dun tema patriótico militar".[1] En 1982, o director adicouse ó xénero documental con …которого любили все (...a quen todos amaban), que rende homenaxe ó actor e director ucraíno Leonid Bykov. A biografía ficticia de Mikhaïl Vroubel nárrase en Этюды о Врубеле (Estudos sobre Vrubel), para a que tamén escribiu o guión con Sergei Paradjanov (1989).

O premio nacional Taras Shevchenko foille outorgado en 1997, polas películas Каменный крест (1968), Zakhar Berkout (1971), Подарунок на іменини (1991) e Гетьманські клейноди (1993). Tamén foi galardoado co título honorífico de Artista do Pobo de Ucraína en 1998.

Finado en Kíiv en 2001, Léonide Ossyka está enterrado no cemiterio de Baikove.

Estilo[editar | editar a fonte]

Ossyka é un gran usuario da linguaxe poética.[2] É parte, xunto con Ivan Dratch, Yuri Illienko e Tenguiz Abouladzé da escola de Kíiv, tamén chamada "escola pictórica".[3]

Películas[editar | editar a fonte]

  • 1965 - Входящая в море (Entrando no mar), curtametraxe.
  • 1966 - Кто вернётся — долюбит (Quen volva - amará).
  • 1968 - Каменный крест (Cruz de pedra), director; a finais de 2009 viuse o comezo da restauración dixital desta película.[4]
  • 1971 - Заxap Бepкут (Zakhar Berkut), director.[5].
  • 1973 - Дед левого крайнего (Avó extremo esquerdo)
  • 1976 - Тривожний місяць вересень (Ansioso mes de setembro), director.
  • 1978 - Море (Mar), director.
  • 1982 - …которого любили все (...que foi amado por todos)
  • 1985 - Вклонися до землі (Inclinarse ó chan), director, guionista.
  • 1987 - Увійдіть, стражденні! (Entra, sufrindo!), director, guionista.
  • 1989 - Этюды о Врубеле (Estudos sobre Vrubel)
  • 1991 - Подарунок на іменини (Agasallo de aniversario), director, guionista.
  • 1993 - Гетьманські клейноди (As xoias de Hetman), director, guionista.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Veresen (вересень) - Setembro en ucraíno, a palabra aparece sen tradución no título da película en ruso.
  2. Marcel 1993, p. 127
  3. Prefacio de Les chevaux de feu (Mykhaïlo Kotsioubynsky) de Jean-Claude Marcadé
  4. Studio for digital restoration of Ukrainian films opens in Kyiv Arquivado 13 de xaneiro de 2013 en Archive.is, Interfax-Ukraine (17 de decembro de 2009)
  5. "ZAKHAR BERKOUT". Arquivado dende o orixinal o 07 de novembro de 2017. Consultado o 28 de febreiro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]