Leonard Orr

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Leonard Orr, nado en Walton, Nova York, en 1938, é un estudante dos ioguis inmortais, da respiración, da Biblia, de sistemas monetarios máis xustos e do poder das afirmacións positivas (ou negativas) na nosa vida. Tamén é moi coñecido por crear a técnica de Renacemento, que pode axudar, segundo afirma, a sandar o chamado Trauma de nacemento.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A finais dos anos 60 comeza a desenvolver nos Estados Unidos o que máis tarde chamou Rebirthing ou tamén respiración consciente. Desde entón, viaxa por todo o mundo impartindo seminarios nos que explica esta técnica de respiración, así como outras técnicas de purificación espiritual para manterse san e inmortal. Tamén é defensor do vexetarianismo e dálle importancia á alimentación crúa. Así mesmo, está interesado na ecoloxía do planeta (está desenvolvendo un coche solar).

Leonard afirma que coñece doce ioguis inmortais, entre os que sobresae Babaji, un iogui que ten máis de 2000 anos de idade e que practica o Kriya Ioga. Leonard, inspirado nas filosofías destes ioguis, é un defensor da idea da inmortalidade física así como da conciencia de prosperidade. Baséase na idea de que os nosos pensamentos e as crenzas que temos sobre nós mesmos determinan as manifestacions externas da nosa vida.

Tamén ten estudado a verdade sobre o diñeiro e o feito de que os impostos nos Estados Unidos (e na maioría dos países do mundo) superan o 50%, como afirma no seu libro A verdade sobre o diñeiro, e é defensor da creación de sistemas monetarios locais e que os gobernos supriman os impostos. Ademais, sinala que toda persoa adulta debera recibir mensualmente unha cantidade de diñeiro, simplemente por ser traballador ou consumidor. Este ingreso mensual reduciría a pobreza e a criminalidade e aumentaría a prosperidade, xa que todas as persoas terían un plus todos os meses, co cal terían máis posibilidades para mellorarse (autocoñecemento, recibir masaxes, etc). Isto beneficiaría tanto a produtores (porque terían máis compradores) e consumidores (porque terían un diñeiro regular). Así mesmo, é defensor de potenciar o comercio local, e non lle parece ben coller o coche (pois implica máis contaminación) para ir mercar a tendas de moi lonxe só polo feito de aforrar un pouco (Leonard pregúntanos: quen paga a contaminación e o noso tempo?).

Bibliografía[editar | editar a fonte]

En inglés:

En español:

  • Renacimiento en la Nueva Era, conxuntamente con Sondra Ray.
  • Renacimiento e inmortalidad física (los secretos del juvenecimiento), Mandala Ediciones, 2004.
  • La verdad acerca del dinero, editorial Errepar, 1999.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]