Leica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Leica Camera AG

Sede de Leica en Wetzlar.
TipoSociedade Anónima
(Aktiengesellschaft, AG)
Fundación1914
LocalizaciónWetzlar, Alemaña Alemaña
FundadorErnst Leitz
IndustriaÓptica
ProdutosInstrumentos ópticos
Cámaras fotográficas
Obxectivos
Beneficio356 millóns de euros
Número de empregados1 600
Na rede
https://www.leica-camera.com e https://uk.leica-camera.com/
Facebook: LeicaCamera Twitter: leica_camera Instagram: leica_camera Youtube: UCVmgQawOcdeA9v9o0aukV7A Vimeo: leicacamera Pinterest: leicacamera Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Leica é unha empresa alemá adicada á fabricación de instrumentos ópticos de precisión. Foi fundada no ano 1914 por Ernst Leitz e o seu nome provén das tres primeiras letras do apelido do fundador e as primeiras dúas da palabra «camera».

Está dividida en tres compañías claramente diferenciadas: Leica Camera AG, Leica Geosystems AG e Leica Microsystems AG que se dedican respectivamente a poducir cámaras fotográficas, equipamento topográfico e equipamento médico.

Series de Leica[editar | editar a fonte]

As cámaras fotográficas de Leica divídense en catro series:

  • M; telemétricas
  • R; SLR
  • S; formato medio
  • X; compacta con sensor APS-C
  • T; compacta con sensor APS-C e obxectivos intercambiables autofocus
  • Outras cámaras Leica actuais ou recentes (dende 2002) son modificacións das Panasonic Lumix (Leica C-Lux, D-Lux, Digilux e V-Lux). Algúns modelos dixitais anteriores (os primeiros Digilux cara 1998 - 2000) estiveron baseados en Fuji.

En maio de 2012 a Galería de Poxas Westlicht, en Viena, poxou unha cámara Leica da serie-0, a cal foi vendida por 2,16 millóns de euros.[1] Estas cámaras son extremadamente valiosas porque só de ten coñecemento de que existen 12 exemplares, e polo seu valor na historia da fotografía.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Leica camera fetches 2.16m euros at auction". BBC (en inglés). 13 de maio de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]