Lei de Instauración

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Lei de Instauración (en inglés, Act of Settlement), é unha lei inglesa promulgada polo Parlamento de Westminster en 1701, que garante a sucesión á coroa de Inglaterra aos membros da familia protestante da Casa de Hannóver que estivo ligada aos Estuardo por unha filla de Xacobe I. Esta disposición buscaba a exclusión do trono dun rei favorable ao catolicismo e cortar as pretensións de Xacobe Francisco Estuardo, católico, ao que Luís XIV recoñeceu rei de Inglaterra en 1701, co nome de Xacobe III.

Cando a raíña Ana Estuardo, a última dos Estuardo protestante, morreu sen fillos, Xurxo, Elector de Hannóver, converteuse en rei de Gran Bretaña e de Irlanda co nome de Xurxo I en 1714 en virtude dos termos da Lei de Instauración.

Hoxe en día, esta Lei é a principal acta do Parlamento que regula a sucesión ao trono británico, así como doutros países da Commonwealth, ben porque se remiten ao mesmo, ben porque incorporan parte del á constitución dese país en particular. Como tal, a Acta continúa sendo parte importante do Reino Unido e doutros países da Commonwealth. A lei foi aprobada polo Parlamento de Inglaterra e máis tarde estendeuse a Escocia polos termos da Lei de Unión (1707).

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Texto da Lei (en español)