Casa de Estuardo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Estuardo")
Brasón dos Estuardo

A Casa de Estuardo (Stuart ou Stewart en inglés) é o nome dunha dinastía de soberanos que reinaron en Escocia entre 1371 e 1714, e en Inglaterra, Irlanda e o País de Gales entre 1603 e 1714. O fundador da casa Estuardo foi un emigrante bretón, Alan Fitzflaald, que morreu cara a 1114. Este permaneceu fiel ao futuro rei de Inglaterra Guillerme o Conquistador. O rei de Escocia, David I (1124-1153) deulle o título de "gran stewart", ou senescal, ao neto de Fitzflaald, Walter. Á morte deste, en 1177, o título pasou de pai a fillos e aos poucos converteuse nun apelido que se transformou en "Stuart".

O primeiro Estuardo en subir ao trono de Escocia foi Roberto II Estuardo, sobriño do rei precedente, David II Bruce (1329-1371), en 1371, fundando así a dinastía dos Estuardo.

Casa de Estuardo[editar | editar a fonte]

  • Flaithri I (falecido sobor 1080)
  • Alan I
  • Alan II (falecido en 1095)
  • Flaithri II (falecido sobor 1101-1102)
  • Alan III (falecido sobor 1121)

Gran senescal de Escocia[editar | editar a fonte]

  • Walter o Senescal, primeiro gran senescal de Escocia (falecido en 1177)
  • Alan Estuardo, segundo gran senescal de Escocia (falecido en 1204)
  • Walter Estuardo, terceiro gran senescal de Escocia (falecido en 1246)
  • Alexander Estuardo, cuarto gran senescal de Escocia (falecido en 1283)
  • James Estuardo, quinto gran senescal de Escocia (falecido en 1309)
  • Walter Estuardo, sexto gran senescal de Escocia (falecido en 1326)
  • Robert Estuardo, sétimo gran senescal de Escocia (convertido en Roberto II, rei de Escocia)

Reis de Escocia[editar | editar a fonte]

Reis de Escocia, de Inglaterra e Irlanda, e de Gran Bretaña (a partir de 1707)[editar | editar a fonte]

En 1649, Carlos I é derrocado e executado, e substituído pola República de Oliver Cromwell que durou ata 1659.
Xacobe II debeu exiliarse despois do desembarco e a toma de poder de Guillerme de Orange e da súa esposa María (Revolución Gloriosa).
Á morte de Guillerme III, Ana Estuardo sucedeulle, pero non tivo fillos, converténdose na última soberana da dinastía Estuardo xa que Xurxo de Hannover sucedeulle en virtude da Lei de Instauración, que apartaba da sucesión a Xacobe Francisco Estuardo, debido á súa adhesión ao catolicismo.

Pretendentes ó trono[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Casa de Tudor
Casa vixente no trono de Inglaterra e Irlanda
16031714
Sucesor:
Casa de Hannover
Predecesor:
Casa de Bruce
Casa vixente no trono de Escocia
13711714
Sucesor:
Casa de Hannover