Le Jeu d'Adam

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Le Jeu d'Adam ( Xogo de Adán) é unha representación dramática de historias bíblicas feita en Francia no século XII, e que constitúe o primeiro drama relixioso francés[1] e forma parte da tradición medieval dos misterios que se desenvolveían durante a celebración da misa, e incluía música coral. A narración conta a tentación e caída de Adán e Eva, a morte de Abel por Caín, e o anuncio dos profetas da chegada de Cristo. A linguada representación é o vernacular, aínda que os textos corais e as indicacións para a posta en escena estaban en latín representándose no exterior da igrexa[2], cunha función didáctico-relixiosa, evocando a corrupción humana opoñendoa á esperanza da redención, como unha preparación á penitencia do período coresmal.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Larousse
  2. KOBIALKA, Michal (1999). This Is My Body: Representational Practices in the Early Middle Ages. Ann Arbor, MI: University of Michigan Press. p. 183. ISBN 978-0-472-08938-3. Consultado o 15 de decembro de 2012. 
  3. Encyclopaedia Universalis