León das neves

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
León das neves tal como se representa no emblema do Tíbet.

O león das neves (en tibetano: གངས་སེང་གེ་; gangs seng ge; en chinés: 雪獅) é un animal celestial do Tíbet. É o emblema do Tíbet, que representa as cadeas montañosas nevadas e os glaciares do Tíbet,[1] e tamén pode simbolizar o poder e a forza, a coraxe e a alegría, o leste e o elemento terra.[2][3] É unha das Catro Dignidades do budismo shambala.[4] Esténdese sobre as montañas e adoita ser representado de cor branca e cunha melena turquesa. En Viaxe ao Oeste, publicado en 1592, o león das neves aparece representado como un dos Yōkais.[5]

Como emblema nacional do Tíbet[editar | editar a fonte]

A bandeira do Tíbet, en uso no territorio dende 1916 até 1950. Presenta dous leóns de neve, entre outros elementos, e aínda é usado polo goberno tibetano no exilio. O seu uso está prohibido na República Popular da China.

Dende 1909 até 1959, un só león das neves ou un par deles utilizouse como emblema do Tíbet en moedas, selos postais, billetes e na bandeira nacional do Tíbet. A versión que se mostra á dereita con dous leóns de neve foi introducida polo 13º Dalai Lama en 1912, baseándose en vellos estandartes militares, e aínda é usado polo goberno tibetano no exilio.[1] A bandeira é popularmente coñecida como "bandeira do león das neves" (gangs seng dar cha).[6]

Selo postal tibetano de 1912 co león das neves.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Schrempf, Mona (2002). Huber, Toni, ed. "Amdo Tibetans in Transition: Society and Culture in the Post-Mao Era" (PDF). Brill. pp. 147–169. ISBN 9004125965. 
  2. "Legend of the SnowLion". Snow Lion Tour. 
  3. "Tibetan Buddhist Symbols". A view on Buddhism. 
  4. Rudy Harderwijk. "The Four Dignities". Symbols of Tibetan Buddhism. A View on Buddhism. Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2004. Consultado o 19 de xaneiro de 2007. 
  5. 呉承恩 (25 de outubro de 2014). 西遊記: Journey to the West. Google Publishing. pp. 524–. GGKEY:641CHU5H2P8. 
  6. Lama Jabb (10 de xuño de 2015). Oral and Literary Continuities in Modern Tibetan Literature: The Inescapable Nation. Lexington Books. p. 35. ISBN 9781498503341. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]