Lavabo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lavabo

Un lavabo ou pía é un recipiente sobre o que se verque a auga para o aseo persoal. Fabricados tradicionalmente en porcelana, hoxe atópanse das máis diversas formas e materiais, tales como metal, gres ou vidro. Os lavabos actuais levan unha ou dúas billas que conectadas á fontanaría do edificio subministran auga fría e quente (actualmente a lei obriga en todo o estado español á instalación de billas cun só cano para saída de auga fría e quente). Na súa parte inferior teñen unha válvula de desaugadoiro, conectada ao saneamento, pola que se evacúa a auga usada.

Na actualidade, os lavabos fabrícanse en grande variedade de materiais entre os que se atopan a cerámica, o cristal, a resina, o metal, pedra pulida ou madeira con tratamentos hidrófugos.

Lavamáns nunha industria alimentaria.

Nos establecementos de alimentación, a lexislación sanitaria esixe que os lavamáns utilizados polos manipuladores de alimentos sexan de accionamento non manual (de pedal, cóbado, células fotoeléctricas, etc.) para evitar que, unha vez lavadas as mans, os manipuladores teñan que acciona-lo mando coas mans limpas. Ademais, deben dispor de auga fría e quente, xabón líquido e sistema de secado hixiénico de mans (papel).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]