Last Days

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Last Days
Título orixinal Last Days
[[Ficheiro:|200px| ]]
Ficha técnica
Director Gus Van Sant
Produtor Gus Van Sant
Dany Wolf
Guión Gus Van Sant
Baseado en {{{baseado}}}
Intérpretes Michael Pitt
Lukas Haas
Asia Argento
Scott Green
Nicole Vicius
Kim Gordon
Harmony Korine
Música Rodrigo Lopresti
Fotografía Harris Savides
Montaxe Gus Van Sant
Estudio {{{estudio}}}
Distribuidor Newco, Fine Line Features
Ano 2005
Duración 97 min.
País Estados Unidos
Xénero Drama
Orzamento
Filme anterior {{{anterior}}}
Filme seguinte {{{seguinte}}}
Ficha en IMDb

Last Days é unha película do director Gus Van Sant. É un relato ficticio dos últimos días do cantante de Nirvana Kurt Cobain. Foi exhibido nos teatros de Estados Unidos o 22 de xuño de 2005 e producido por HBO. O actor Michael Pitt interpreta o personaxe protagonista. Ademais, a película conta con aparicións de Kim Gordon (de Sonic Youth e coñecida de Cobain), Lukas Haas, Asia Argento, e Thadeus A. Thomas. Tamén, o autor e amigo de Van Sant, Harmony Korine, aparece nunha breve escena, facendo un papel similar ao de na película Kids.

Last Days é a terceira película do que o director chamou a súa "Triloxía da morte", que empezou con Gerry (2002) e continuou con Elephant (2003).

Índice

Proxecto [editar]

Van Sant xa tiña pensado facer este proxecto dez anos anos, aínda que as ideas iniciais variarían por temor a demandas da viúva Cobain, Courtney Love, saíndo ao final un filme cuxo parecido á realidade é casualidade. A actriz Asia Argento, que interpretaba á muller do protagonista dixo que ""non fixera de Courtney Love""[1].

Música [editar]

Last Days posúe dúas composicións do actor principal Michael Pitt: unha canción acústica titulada "Death to Birth", un tema eléctrico chamado "That Day". Hai outra peza, "Untitled", de Lukas Haas. Nunha escena o personaxe de Scott escoita "Venus in Furs" de Velvet Underground.

Localización da rodaxe [editar]

A película foi rodada en Hudson Valley, rexión do estado de Nova York. Un tratamento feito polo cinematógrafo Harris Savides escurece a imaxe e fai recordar a atmosfera da rexión noroeste de Estados Unidos.

Nota s [editar]

  1. Asia Argento Denies Last Days Role Is Based On Courtney Love FemaleFirst.co.uk

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]