Lanceloto Malocello

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Lancelotto Malocello foi un navegante xenovés que en 1312 chegou ás costas da illa de Lanzarote (España), mandou construír o castelo de Guanapay cerca do pobo de Teguise, do que non se conservan restos, e instalouse alí durante vinte anos, comezando con isto o redescubrimento medieval das illas Canarias. As noticias do seu periplo chegaron pronto á península. O nome actual da illa probablemente débese ao xenovés.

A primeira noticia documental que se coñece é o mapa portulano de 1339, cartografiado polo xudeu mallorquino Angelino Dulcert, no que a denomina Ínsula de Lançarote Mallucellus, baixo bandeira xenovesa.