Ladeiras, casas e adegas de Champaña
Ladeiras, casas e adegas de Champaña | |
---|---|
Avenida de Champagne en Épernay | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | Francia |
Tipo | Cultural |
Criterios | II, IV, VI |
Inscrición | 2015 (39º Sesión) |
Rexión da UNESCO | Europa e América do Norte |
Identificador | 1465 |
Ladeiras, casas e adegas de Champaña é o nome que reciben varios sitios da rexión de Champaña de Francia inscrito na lista da UNESCO do Patrimonio da Humanidade en 2015 polos seus vínculos históricos coa produción e venda de champaña, así como o seu testemuño do desenvolvemento dunha empresa agroindustrial de renome internacional.[1]
Descrición[editar | editar a fonte]
Aínda que só ocupa unha pequena parte da rexión vinícola de Champaña, o Patrimonio da Humanidade está formado por lugares que representan todo o proceso de creación e venda de champaña. En total, hai 14 sitios distintos, agrupados en tres categorías:[1]
- Os viñedos históricos de Hautvillers, Aÿ e Mareuil-sur-Aÿ, e as súas correspondentes adegas, onde as uvas se cultivan e fermentan desde polo menos 1673.[2]
- Outeiro de Saint-Nicaise en Reims, un viñedo urbano con adegas propias que se combina con espazos públicos e parques.
- Avenida de Champaña e Fort Chabrol en Épernay, o lugar máis coñecido para amosar e vender o champaña.
Os viñedos de Hautvillers, Aÿ e Mareuil-sur-Aÿ inclúen cabanas e prensas de colleita in situ, para procesar as uvas cun transporte mínimo.[2] As adegas debaixo das aldeas e viñedos, escavadas nas ladeiras calcáreas nos séculos XVII e XVIII, corren costa arriba desde os viñedos.[2] Non obstante, as adegas máis grandes atópanse no Outeiro Saint-Nicaise. Estas adegas, construídas máis tarde que as das bisbarras da cidade, expandíronse sobre canteiras de calcaria subterráneas xa existentes e esténdense varios quilómetros por debaixo dos viñedos e da cidade.[2] A Avenida de Champaña en Epernay contén a sede de moitos dos eminentes fabricantes de champaña. Construída ao longo dunha importante ruta comercial entre Francia e Alemaña, a rúa alberga edificios de comerciantes de champaña desde o século XVIII.[1]
Lista de sitios rexistrados[editar | editar a fonte]
A inscrición na Lista do Patrimonio Mundial conserva en particular 14 sitios distribuídos no noroeste do departamento de Marne.
Notas[editar | editar a fonte]
- Referencias
- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Champagne Hillsides, Houses and Cellars". UNESCO World Heritage Centre. United Nations Educational, Scientific, and Cultural Organization. Consultado o 12 de decembro de 2021.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Champagne Hillsides, Houses and Cellars: France No. 1465 (Informe). ICOMOS. 12 de marzo de 2015. Consultado o 12 de decembro de 2021.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ladeiras, casas e adegas de Champaña |