Labuat
| Labuat | |
|---|---|
| Información | |
| Orixe | , |
| Período | 2008 − 2010 |
| Xénero(s) | Pop Indie Jazz Soul |
| Selo(s) discográfico(s) | Sony BMG |
| Membros | Virginia Maestro The Pinker Tones Risto Mejide |
| Antigos membros | |
| Web oficial | www.labuat.com |
Labuat é o nome do proxecto musical formado por Virginia Maestro, The Pinker Tones e mailo Risto Mejide.
Índice |
Historia [editar]
Nome e fundación [editar]
Unha parte do proxecto nace da man de Risto Mejide, quen compuxo unhas cancións para que as gravase unha voz feminina e as producise The Pinker Tones. Mejide non achou a voz axeitada até que escoitou a Virginia Maestro no casting de Operación Triunfo 2008. Namentres ela estaba na academia, el xa chegara a un acordo con Sony BMG para publicaren o disco inda que non gañase o concurso.
Na festa que se celebrou despois da final do programa, Risto Mejide faloulle a Virginia das cancións e pediulle o seu número de teléfono para lle facer unha proposta.[1] Dous días despois, Virginia foi á súa casa para escoitar as maquetas e viu nunha mesa unha foto súa na que puña Labuat, nome co que se sentiu identificada ó saber o seu significado.
A produción do disco comezou cando The Pinker Tones pedironlle a Virginia unha lista das súas referencias musicais.[2]
2009: Álbum debut [editar]
- Artigo principal: Labuat (álbum).
O 5 de decembro de 2008 anunciouse publicamente o nome do proxecto.[3][4] En febreiro do 2009 confirmouse co disco estaría composto por Risto Mejide, bardante dúas cancións (Carta de otoño, composta por Virginia Maestro; e Al margen, música composta por Risto Mejide e letra por Virginia), que os produtores serían o dúo The Pinker Tones e que o primeiro sinxelo levaría por título "Soy tu aire".[5] O proxecto presentouse oficialmente ó medios nunha rolda de prensa celebrada no Círculo de Belas Artes en Madrid.
Finalmente o disco, de título homónimo, púxose á venda o 24 de febreiro, logrando chegar na súa primeira semana ó número 2 de Promusicae.[6] En marzo publicouse unha edición deluxe[7] e unha edición en vinilo.[8]
Discografía [editar]
Álbums de estudio [editar]
Sinxelos [editar]
Notas [editar]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 Entrevista a Labuat en la revista "Preuniversitaris"
- ↑ "Risto es perfeccionista y muy exigente con su trabajo, y eso me gusta"
- ↑ LABUAT, nombre del proyecto de Virginia Maestro
- ↑ Virginia ahora es Labuat
- ↑ Virginia de 'OT' ahora es Labuat y presenta el disco compuesto por Risto
- ↑ Labuat debuta como segundo disco más vendido en España Europa FM.com
- ↑ Edición deluxe del álbum de "Labuat" a la venta el 17 de Marzo Labuat.com
- ↑ Vinilo de Labuat ya a la venta