Évariste Galois

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Galois.jpg

Évariste Galois, nado o 25 de outubro de 1811 e finado o 31 de maio de 1832, foi un matemático francés. Mentres aínda era un adolescente, foi capaz de determinar a condición necesaria e suficiente para que un polinomio sexa resolto por radicais, dando unha solución a un problema que permanecera sen resolver. O seu traballo ofreceu as bases fundamentais para a teoría que leva o seu nome, unha rama principal da álxebra abstracta. Foi o primeiro en utilizar o termo "grupo" nun contexto matemático. A teoría constitúe unha das bases matemáticas da modulación CDMA utilizada en comunicacións e, especialmente, nos sistemas de navegación por satélite, como GPS, GLONASS etc.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]