La Nacionalidad

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

La Nacionalidad
LocalidadeOurense
editar datos en Wikidata ]

La Nacionalidad foi un semanario editado en Ourense en 1870.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Subtitulado Periódico católico-monárquico, apareceu a principios de 1870. Fundado por Celedonio Osorio Lafuente, Venancio Moreno Pablos e Urbano Ferreiroa Millán. Entre os seus colaboradores estaban Juan Antonio Saco y Arce e Emilia Pardo Bazán. Incluíu notas informativas breves e artigos de opinión sobre a orixe divina do poder, a monarquía e a necesidade de que a Igrexa participara na política. Destacou pola súa tendencia carlista e a defensa dos intereses eclesiásticos. Mantivo polémicas con El Eco del Liceo, de carácter liberal. Cesou a súa publicación non antes de setembro de 1870.[1][2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Carballo Calero, R. (1975) [1963]. Historia da literatura galega contemporánea. Galaxia. ISBN 84-7154-227-7. 
  2. Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da Literatura Galega. Publicacións Periódicas II. Galaxia. ISBN 84-8288-137-X. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]