La Monarquía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

La Monarquía
Fundación1886
LocalidadeFerrol
Na rede
Galiciana: 580365
editar datos en Wikidata ]

La Monarquía foi un periódico editado en Ferrol entre 1886 e 1896.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Subtitulado Diario político, apareceu en 1886. Dirixido por Faustino Salanova e Vicente Carnota Pérez. De tendencia monárquica e conservadora, estivo vinculado a Nicasio Pérez López. En 1896 estaba dirixido por José Lapique Adrio.[1] Entre os seus colaboradores figuraban Lorenzo Gómez Quintero, Emilio Butrón, capitán de fragata que asinaba co pseudónimo de Fulano de Tal, e os oficiais do corpo xeral da Armada Ignacio Fernández Flórez e Joaquín de Arévalo Otero. Tivo unha segunda época a partir de 1897, na que foi propiedade de Ricardo Pita.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Correo Gallego, 29-4-1896, p. 1.
  2. El Lucense, 20-9-1897, p. 3.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]