La Higuera
La Higuera é unha pequena localidade situada ao sur da provincia Vallegrande no departamento de Santa Cruz en Bolivia. La Higuera é coñecida polo feito de que Ernesto Guevara foi capturado alí e executado en 1967.
Toponimia [editar]
La Higuera (a figueira) debe o seu nome á abundante existencia, en épocas pasadas, da árbore do mesmo nome, cuxo froito é o figo.
Xeografía [editar]
Atópase nos Andes a unha altura de 2.160 metros.
- Latitude : 18º 46' 59" S
- Lonxitude : 064º 13' 00" O
Historia [editar]
Este lugar moi afastado permitiulle a Guevara ocultar o exército boliviano durante a súa tentativa de revolución en 1967. Foi capturado, con todo, o 8 de outubro de 1967 e executado o día seguinte. O seu corpo logo foi exposto aos fotógrafos en Vallegrande. Desde o 2004, a ruta do Che (camiño do Che) permite aos curiosos revivir a última aventura do revolucionario.