La Gacetilla de Santiago
La Gacetilla de Santiago | |
---|---|
Localidade | Santiago de Compostela |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
La Gacetilla de Santiago foi un periódico editado en Santiago de Compostela entre 1872 e 1873.
Historia e características[editar | editar a fonte]
Subtitulado Diario de noticias y anuncios, apareceu en 1872. O seu fundador e director foi Manuel Bibiano Fernández. Aínda que nun principio se declarou independente, co tempo converteuse en republicano. Tiña obradoiros tipográficos propios. Editábase nunha soa folla tamaño folio e contiña as seccións: Gacetilla de las familias, Efemérides, Noticias generales, Crónica local, Espectáculos e Telegrama. O último número editado é do 5 de xullo de 1873. A partir desa data cambiou o seu título por El Diario de Santiago e transformouse en órgano oficioso do Centro de Iniciativa para la Nueva Organización de Galicia.