L0pht

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

L0pht Heavy Industries (pronunciado "loft") foi un famoso colectivo hacker activo entre os anos 1992 e 2000 e localizado fisicamente en Boston, Massachusetts.

Nome[editar | editar a fonte]

O símbolo "Ø" no seu nome representa un cero, rememorando os ceros tachados que eran usados nos antigos teletipos e que aínda se usan en algunhas paxinas de caracteres, e tanto o seu nome online coma o seu nome de dominio é "l0pth" (con cero), non "lopth" (con O) ou "LØpht"(cunha O tachada), que na actualidade non sería un nome de dominio válido.

Por suposto o nome non carece de significado.Algúns dos membros fundadores de L0pht compartiron un apartamento loft en Boston, dende onde se interconectaban e experimentaban tanto cos seus propios ordenadores persoais coma con equipos adquiridos de Flea no MIT, e outros equipos que eran recuperados do lixo.

Historia[editar | editar a fonte]

The L0pht fundouse en Boston no 1992 como cidade para os membros e para ter os seus equipos e traballar en varios proxectos.Co tempo os membros de L0pht deixaron os seus traballos para formar unha empresa chamada L0pht Heavy Industries. Esta think tank liberou diversos anuncios de seguridade informática e creou algunhas das aplicacións de auditoría máis usadas, como L0phtCrack (crackeador de contrasinais para Windows NT).

O 19 de maio de 1998 tódolos sete membros de L0pht (Brian Oblivion,Kingpin,Mudge,Space Rogue,Stefan Von Neumann,John Tan,Weld Pond) testificaron ante o Congreso dos Estados Unidos que poderían tirar abaixo Internet en menos de 30 minutos.

En xaneiro do 2000, L0pht Heavy Industries fusionouse ca xoven @stake, transformando a esta xoven organización underground nunha compañía de seguridade White Hat destinada a axudar ás empresas a resolver problemas de seguridade.

Symantec anuncióu a adquisición de @stake o 16 de septembro do 2004 e completou a transacción o 9 de outubro de ese mesmo ano.

Membros[editar | editar a fonte]

Fundadores[editar | editar a fonte]

  • Count Zero
  • White Knight
  • Brian Oblivion
  • Golgo 13

Últimos membros[editar | editar a fonte]

  • Brian Oblivion
  • Kingpin
  • Mudge
  • Dildog
  • Weld Pond
  • Space Rogue
  • Silicosis
  • John Tan

Notas[editar | editar a fonte]

Dous dos últimos membros (Mudge and Dildog), así como dous dos fundadores orixinais (Count Zero and White Knight), son tamén membros de CULT OF THE DEAD COW.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]