Laboratorio de ideas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Think tank")

Un laboratorio de ideas, coñecido tamén coma Think tank, é unha institución investigadora ou outro tipo de organización que ofrece consellos e ideas sobre asuntos de política, comercio e intereses militares.

Características[editar | editar a fonte]

A miúdo están relacionados con laboratorios militares, empresas privadas, institucións académicas ou doutro tipo. Normalmente este termo refírese especificamente a organizacións nas que traballan varios teóricos e intelectuais multidisciplinares que elaboran análises ou recomendacións políticas. O nome provén do inglés, pola abundancia destas institucións nos Estados Unidos, e significa depósito de ideas.

Un laboratorio de ideas ten status legal de institución privada, a miúdo en forma de fundación non comercial. Os laboratorios de ideas defenden diversas ideas. Os seus traballos teñen habitualmente un peso importante na política, particularmente nos Estados Unidos.

En Europa os laboratorios de ideas comezan a aparecer, pero a súa capacidade de influencia sobre a política nos seus respectivos países aínda está moi lonxe da alcanzada polas institucións estadounidenses. O máis influente dos laboratorio de ideas españois é o Real Instituto Elcano, creado no 2001 seguindo o exemplo do Institute of International Affairs (Chattham House) no Reino Unido, e moi vencellado ao partido que estea no poder. Nos últimos anos, con todo, España rexistrou un intenso desenvolvemento de organizacións independentes creadas co mesmo espírito dos think tank americanos. As máis influentes, e non vencelladas a partidos políticos, son a CIDOB, fundada en 1973, e a FRIDE (Fundación para as Relacións Internacionais e o Diálogo Exterior), fundada en 1999 e principal motor de iniciativas como o Club de Madrid, un grupo de ex-xefes de estado e de goberno de todo o mundo que alimentan o cambio democrático, ou a edición española do Foreign Policy.

Outros laboratorios vencellados a partidos políticos en España son a FAES, liderada polo ex-presidente do Goberno e líder do Partido Popular José María Aznar; ou a Fundación Alternativas, vinculada aos partidos de esquerdas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]