Líder da oposición

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

En gobernos parlamentarios coñécese como líder da oposición ao líder do partido político con maior representación parlamentaria que non está no goberno. O líder da oposición normalmente identificase como a alternativa respecto do gobernante actual para o cargo de Presidente, Primeiro ministro ou o cargo que sexa á cabeza do Poder executivo do país.

O líder da oposición non é necesariamente o presidente do partido opositor, senón aquel de aparición mediática e influencia na poboación máis destacable nese partido.

Nas formas de goberno cun sistema Westminster, como a británica ou canadiense, o líder da oposición debe encabezar un goberno alternativo que se coñece como gabinete na sombra.

Outros opositores[editar | editar a fonte]

Normalmente, na política considérase como opositor a alguén que aspira a reemplazar ao gobernante actual, pero seguindo as normas establecidas para tal efecto, habitualmente a celebración de Eleccións.

Non se adoita incluír como líderes da oposición, aínda que teñan influencia na poboación, aos líderes revolucionarios, ou aos gobernantes de países rivais.