Léon Bakst

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Autorretrato de Léon Bakst

Lev Rosenberg, coñecido como Léon Bakst, nado en Grodno en 1866 e finado en París en 1924, foi un pintor escenógrafo ruso.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu nunha familia xudía de clase media, estudou na Acadmia de Artes de San Petersburgo, ao tempo que traballaba como ilustrador de libros.

Con motivo da súa primeira exhibición (1889) utilizou o nome de Bakst baseado no apelido da familia da avoa materna, Baxter. Entre 1893 e 1897 viviu en París, á súa volta a Rusia formou parte do círculo de escritores e artistas formado por Sergei Diaghilev e Alexandre Benois que daría orixe ao periódico Mir Iskusstvat (1899) e o movemento artístico que se agrupaba tras del, as ilustracións de Bakst para o xornal déronlle fama.

Dende comezos do século XX realiza retratos, pero sobre todo se dedica á escenografía, colaborando con Diaghilev na montaxe de balets rusos.