Kurt Busiek

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kurt Busiek

Kurt Busiek, nado en Boston o 16 de setembro de 1960, é un guionista de banda deseñada, notable polo seu traballo en Marvels, en Astro City que foi creación propia e na cuarta tempada de Avengers.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Medrou en varias cidades da área de Boston, entre elas Lexington, onde foi amigo do futuro creador de banda deseñada Scott McCloud.[1]Na súa infancia non foi lector habitual de banda deseñada nin consumidor de debuxos animados, os seus pais non llos permitían ter agás coleccións aprobadas por eles como Asterix ou Tintin [2], de feito non comezou a lelos con regularidade ata os catorce anos, cando se fixo cun exemplar de Daredevil #120 e comezou a se apaixonar, con McCloud comezou a facer bande deseñada no instituto. Durante o último semestre no instituto envioulle material ao editor Dick Giordano en DC Comics, recibindo invitacións para seguirlle enviando material e que conduciu ao seu primeiro traballo profesional, que se publicou en Green Lantern #162 (marzo de 1983).[1]

En 1997, Busiek principiou o seu traballo en Avengers xunto co debuxante George Pérez, e aínda que Pérez deixou a serie en 2000, Busiek continuou como guionista durante dous anos máis, colaborando con Alan Davis, Kieron Dwyer e outros. En 2003 Busiek volveu formar parella con Perez para crear JLA/Avengers.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 B., Sergio. Interview at Comic Book Gazette (Apr. 15, 2006). Consultado o 25 de maio de 2012.
  2. Entrevista en The Comics Journal 216
  3. Cowsill, Alan (2010). "2000s". DC Comics Year By Year A Visual Chronicle. Dorling Kindersley. p. 311. ISBN 978-0-7566-6742-9.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]