Kristina Berg
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kristina Berg, nada en Halmstad en 1948 e finada en Vigo o 3 de xullo de 2012, foi unha escritora sueca en lingua galega.
Traxectoria [editar]
Durante a mocidade participou en episodios de series televisivas suecas e nalgún proxecto relacionado coas artes plásticas. Despois de formarse en labores mariñeiros en embarcacións clásicas (entre outras, a goleta "Meta"), embarca con rumbo á India como radiotelegrafista no ano 1971. Nunha recalada en Galicia coñece a Carlos Casares, con quen casa pouco despois, principiando así as viaxes do escritor a Suecia, que exercerán influencia na súa ideoloxía socialdemócrata e en certos aspectos da súa obra.
Exerceu a presidencia da Fundación Carlos Casares dende a súa constitución no ano 2003.
Obra [editar]
Literatura infanto-xuvenil [editar]
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa literatura que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |