Kolossos Rodou BC

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A.O. Kolossos Rhodes
Α.Ο. Κολοσσός Ρόδου
Liga A1 Ethniki
Fundado en 1963
Historia 1963-presente
Pavillón Venetoklio Indoor Hall
(1700 espectadores)
Cidade Rodas, Grecia Grecia
Cores Azul e branco
Presidente Grecia Kostas Kostaridis
Adestrador Grecia Giannis Sferopoulos
Títulos 1 A2 Ethniki (2005)
Web

O A.O. Kolossos Rodou BC ou Α.Ο. Κολοσσός Ρόδου en grego, é un equipo profesional de baloncesto grego da localidade de Rodas, Grecia. O club compite actualmente na máxima categoría do baloncesto grego, a A1 Ethniki. Foi fundado en 1963 dando cabida a outros deportes coma o voleibol e o judo a principios dos anos '80.

Historia[editar | editar a fonte]

Foi o primeiro equipo da rexión do Mar Exeo, mais debido ao seu illamento xeográfico non puido desputar competicións a nivel oficial ata o ano 2000, data na que entra como presidente Kostas Kostaridis, quen o inscribe na División B, a terceira en importancia do país, ascendendo en 2003 á A2 Ethniki, e en 2005 finalmente á A1 Ethniki, onde xoga na actualidade.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Ligazóns[editar | editar a fonte]