Kitasato
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Kitasato ou frasco Kitasato é un tipo de recipiente de vidro de laboratorio. É normalmente usado xunto co funil de Büchner en filtracións por succión ao baleiro. Está constituído por un vidro resistente cun orificio lateral. Unha das utilizacións do kitasato sería para verificar a presenza de humidade en gases. O gas a ser filtrado é inxectado dentro da cámara do Kitasato a través dunha mangueira de teflón (o paso superior deve ser pechado cunha rolla) e unha segunda mangueira é colocada na saída lateral do recipiente. Esta peza debe o seu nome a Shibasaburo Kitasato, bacterioloxista xaponés (1852-1931).
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa química é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa química que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |