Teflón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estrutura do monómero de teflón.
Representación gráfica do polímero de teflón
Estrutura do PFA (perfluoroalcóxido).
Tixola con recubrimento teflon®

O Politetrafluoretileno (PTFE) é un polímero coñecido mundialmente polo nome comercial teflón, marca rexistrada de propiedade da empresa estadounidense DuPont[1].

Descuberto accidentalmente por Roy J. Plunkett (1910-1994) para a empresa DuPont, en 1938, e apresentado para fins comerciais en 1946, o PTFE é un polímero similar ao polietileno, onde os átomos de hidróxeno están substituidos por flúor, sendo así un fluoropolímero e un fluorocarbono.

A fórmula química do monómero, o tetrafluoretileno, é CF2=CF2, e o polímero -(CF2-CF2)n-

A marca teflon® engloba ademais outras resinas derivadas do PTFE, tales como a resina PFA ( perfluoroalcóxido), a resina FEP ( etileno propileno fluorado ) e a resina ETFE ( etil tri fluor etileno ).

A principal virtude deste material é que é unha substancia practicamente inerte, non reacciona con outras substancias químicas excepto en situacións moi especiais. Isto débese basicamente á protección dos átomos de flúor sobre a cadea carbónica. Esta carencia de reactividade permite que a súa toxicidade sexa practicamente nula sendo, tamén, o material co terceiro máis baixo coeficiente de rozamento de todos os materiais sólidos coñecidos. Outra cualidade característica é a súa impermeabilidade mantendo, por tanto, as súas cualidades en ambientes húmidos. Por estas características especiais, alén da baixa adherencia e aceptabilidade óptima polo corpo humano, é usado en diversos tipos de próteses.


Notas[editar | editar a fonte]

  1. Teflon® é marca rexistrada da DuPont, Teflon, site da DuPont nos Estados Unidos

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]