Kissy Chandiramani

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Kissy Chandiramani Ramesh, nada o 8 de marzo de 1979 en Ceuta, é unha política española. Membro do goberno autónomo de Ceuta, formou parte brevemente do grupo parlamentario do Partido Popular (PP) no Congreso dos Deputados en 2019.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É membro da comunidade hindú de Ceuta.[1][2] Obtivo unha licenciatura en Dereito na Universidade San Pablo CEU e licenciouse en dereito da Unión Europea na Sorbona.[3] Traballou nun bufete de avogacía e nunha oficina do BBVA.[4][5] Despois de concorrer no posto 12 da lista do Partido Popular (PP) ás eleccións locais de 2003, entrou na Asemblea de Ceuta en 2003.[5] Foi nomeada conselleira de Economía, Finanzas e Función Pública do Goberno Autónomo de Ceuta en 2017.[4]

Tras ser Juan Bravo Baena nomeado Conselleiro de Economía da Xunta de Andalucía, Kissy tomou posesión do escano deste por Ceuta no Congreso dos Deputados o 12 de febreiro de 2019.[3][6][7] Converteuse así na "primeira deputada do Congreso de orixe hindú".[8] Tomou posesión de novo como conselleira de Economía, Finanzas e Función Pública en Ceuta en marzo de 2020.[9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. https://www.ceuta.es/gobiernodeceuta/index.php/el-gobierno/el-equipo/28-paginas/8973-kissy-chandiramani. Consultado o 10 de setembro de 2021.  Falta o |title= (Axuda)
  2. (PDF). 2013. ISBN 978-84-9888-523-1 https://www.pluralismoyconvivencia.es/wp-content/uploads/2018/12/Minor%C3%ADas-religiosas-en-Ceuta-y-en-Melilla.pdf.  Falta o |title= (Axuda)
  3. 3,0 3,1 . 11 de febreiro de 2019 https://www.elconfidencial.com/espana/2019-02-11/kissy-chandiramani-diputada-hindu-espana_1818290/.  Falta o |title= (Axuda)
  4. 4,0 4,1 . 20 de novembro de 2018 https://www.infoplay.info/2018-11-20/kissy-chandiramani-vamos-a-poner-una-alfombra-roja-a-las-empresas-que-quieran-venir-a-ceuta/6900/noticia/.  Falta o |title= (Axuda)
  5. 5,0 5,1 . 12 de febreiro de 2019 https://cadenaser.com/ser/2019/02/12/politica/1549953997_227248.html.  Falta o |title= (Axuda)
  6. . 12 de febreiro de 2019 https://www.lavanguardia.com/vida/20190212/46415740262/toma-posesion-de-su-escano-en-el-congreso-la-primera-diputada-de-origen-hindu.html.  Falta o |title= (Axuda)
  7. https://www.congreso.es/busqueda-de-diputados?p_p_id=diputadomodule&p_p_lifecycle=0&p_p_state=normal&p_p_mode=view&_diputadomodule_mostrarFicha=true&codParlamentario=390&idLegislatura=XII&mostrarAgenda=false. Consultado o 10 de setembro de 2021.  Falta o |title= (Axuda)
  8. . 12 de febreiro de 2019 https://www.elindependiente.com/politica/2019/02/12/kissy-chandiramani-diputada-hindu-congreso/.  Falta o |title= (Axuda)
  9. . 4 de marzo de 2020 https://ceutaahora.com/art/2975/los-nuevos-consejeros-del-gobierno-de-vivas-toman-posesion-tras-la-remodelacion.  Falta o |title= (Axuda)