Keylogger

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un keylogger pode ser tanto un programa informático como un dispositivo hardware que serve para rexistrar as pulsacións que se realizan no teclado e gardarlas nun ficheiro (log). Logo pode verse ese ficheiro e descubrir que teclas foron premidas, en que programa, e a que hora. Algúns keyloggers permiten o envio dos logs por correo electrónico.

Os keyloggers veñen existindo desde MS-DOS, cando os comandos que se introducían quedaban rexistrados.

Perigos que conleva[editar | editar a fonte]

Un keylogger pode ser unha seria ameaza para a privaciade dos nosos ordenadores, ademais de que pode captar datos importantes, como contrasinais ou información confidencial. Por este motivo calquera anti-virus ou anti-spyware actual identificará a calquera keylogger como unha ameaza e eliminaraa se lle damos consentimento.

Aínda así os keyloggers poden ser unha ferramenta útil, por exemplo se borramos un documento escrito podemos recuperar o texto mirando o log do keylogger, tamén pode servir para controlar as actividades dos rapaces pequenos cando están en internet, etc.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]