Kevin Young

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

{


Kevin Young, nado en Watts (Os Ánxeles, California) o 16 de setembro de 1966, é un atleta americano, medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de 1992 en 400 m valados.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Como estudante da Universidade de California gañou os NCAA de 400 m valados de 1987 e 1988. Debutou internacionalmente quedando segundo nos Xogos Panamericanos de 1987. Nos Xogos Olímpicos de 1988 acabou cuarto, igual posto que nos Campionatos do Mundo de 1991. Nos Xogos Olímpicos de 1992 conseguiu un novo récord do mundo con 46.78, batendo o récord que desde 1983 tiña Edwin Moses.