Kepler-20

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Kepler-20 é unha estrela situada a 950 anos-luz[1] na constelación de Lyra. O 20 de decembro de 2011, o equipo da nave Kepler anunciou o descubrimento dos primeiros exoplanetas de tamaño terrestre, denominados Kepler-20e e Kepler-20f, orbitando unha estrela semellante ó Sol.[1][2] Os planetas descubertos non están na zona habitable, según o informe da NASA,[2] e suponse que teñen temperaturas superficiais de entre 427 °C e 760 °C. Ámbolos dous planetas teñen órbitas máis pequenas que a de Mercurio.[3]

Notas[editar | editar a fonte]