Keiko Yamada
| Esta páxina contén texto en xaponés. Se o seu navegador non está axeitadamente configurado pode ver caracteres estraños. |
| 桂子 (Keiko) | |
|---|---|
| Nome completo | 山田 圭子 (Yamada Keiko) |
| Alias | KEIKO |
| Naceu | 18 de agosto, 1972 |
| Orixe | {{{orixe}}} |
| Morreu | |
| Ocupación (s) | Cantante |
| Xénero | J-Pop/Trance |
| Instrumento(s) | |
| Tipo de voz | |
| Selo(s) discográfico (s) | avex globe |
| Relacionado con | |
| Tempo en activo | 1995 - Presente |
| Web | Páxina oficial |
Keiko Komuro (小室 桂子 Komuro Keiko?) (18 de agosto de 1972), coñecida entre o público como KEIKO, é unha cantante xaponesa orixinaria da cidade de Usuki, na Prefectura de Oita de Xapón. O seu nome de solteira era orixinalmente Keiko Yamada. Keiko é a cantante do popular grupo de música dance xapones Globe dende 1995, e contraeu matrimonio co tamén membro da banda Tatsuya Komuro o 22 de novembro do ano 2002.
Índice |
Biografía [editar]
A xoven nunca estivo ligada profesionalmente a música ata que, polo consello duns amigos que lle dicían que tiña unha gran voz, asistiu o casting EUROGROOVE NIGHT TALENT SEARCH, organizado polo produtor e músico xaponés Tetsuya Komuro coa finalidade de buscar un novo talento feminino para crearlle unha carreira profesional. A xoven Keiko quedou como elixida de Komuro, e xunto a el mesmo e o modelo francés pero criado en Xapón, Marc Panther formaron o que finalmente sería unha das máis grande sensacións dos anos 90: a banda Globe.
Pronto KEIKO pasou a ser a máis popular dos integrantes da banda, converténdose tamén nun ídolo da metade dos anos noventa. Dende o seu debut a imaxe da cantante cambiou radicalmente, e resulta case imposible comparar a súa imaxe na actualidade (ou nos últimos anos), coa imaxe que tiña no momento do seu debut xunto a Globe. O seu estilo tamén fixo que conseguira moitos seguidores, que a consideran unha icona da moda. Dende a súa primeira aparición na televisión en 1995 ata 1998 conservou algo o seu color de pelo, pero sorprendeu a todos tras cambialo de color a rubio, dentro da época na que o terceiro álbum da súa banda, "Love Again", era lanzado o mercado. Pronto volvía a escurecelo, para no 2000 dar os seus primeiros pasos como solista no proxecto de globe featuring. Os tres integrantes da banda lanzaron singles promocionais en solitario, pero o de KEIKO foi o que conseguiu un maior éxito, posicionandose nos primeiros lugares dos singles máis vendidos. O éxito conseguido incluso lle deu a oportunidade de saír de xira en solitario ese mesmo ano, por algunhas cidades de Xapón.
No ano 2001, mentres globe facíase un perfil máis baixo, Keiko participou nunha canción xunto a cantante Ayumi Hamasaki para o álbum de beneficencia "Song+Nation", do cal a súas ventas irían en axuda das víctimas das Torres Xemelgas. O tema, composto polo seu compañeiro de banda Tetsuya Komuro, máis tarde tamén foi gravado exclusivamente por Keiko (como tamén fixo Hamasaki para un dos seus álbums), o cal foi acreditado como globe version. Tras que no 2002 Globe regresaba de forma máis activa á industria cun novo estilo máis ligado o Trance, Keiko gravou unha canción para Cyber X chamada "Be True", para a gama de compilacións de música electrónica xaponesa Cyber Trance, que pertence o selo Avex Trax. No 2003 lanza o seu primeiro traballo en solitario baixo o proxecto globe KEIKO solo proyect, un single/mini álbum chamado KCO (a pronunciación de Keiko en inglés), pero igualmente lanzado polo selo privado da súa banda avex globe.
Discografía [editar]
Singles [editar]
| Título | Lanzamento |
| on the way to YOU | 29 de marzo, 2000 |
| a song is born | 12 de decembro, 2001 |
| be true | 25 de xuño, 2003 |
| KCO | 10 de decembro, 2003 |
Concertos [editar]
| Título | Data |
| KEIKO solo tour 2000 ~on the way to YOU~ | 2000 |
| KEIKO'S BIRTHDAY LIVE 2000 | 2000 |
| KEIKO solo "blooming tour 2000" | 2000 |
| KEIKO'S BIRTHDAY PARTY | 2001 |
| KEIKO'S BIRTHDAY LIVE 2002 | 2002 |
| 2003 KEIKO'S BIRTHDAY LIVE featuring TK | 2003 |
| TOWER RECORDS PRESENTS KEIKO CHRISTMAS SPECIAL LIVE | 2003 |
Libros [editar]
- Nobody Knows (21 de xuño, 2003)