Kaula

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kaula
Vista da illa
Vista de Kaula
Datos
Capital
País Estados Unidos
Localización Océano Pacífico
Arquipélago Arquipélago de Hawai
Linguas
Poboación (2009) Deshabitada
Superficie 0,64 km²
Densidade
Coordenadas 21°39′N 160°32′O / 21.650, -160.533
Maior Altura 167 m
Localización

Kaula (en hawaiano Ka´ula) é unha das illas de Sotavento de Hawai. Está situada a 34 km ao suroeste de Niihau.

Características[editar | editar a fonte]

A illa, con forma de media lúa, é parte do cráter dun volcán antigo practicamente mergullado. A superficie total é de 0,64 km²; e a altitude máxima é de 167 metros. O océano erosionou o litoral creando cantís e covas, particularmente a chamada cova da quenlla, Kahakauaola.

Kaula está deshabitada pero os pescadores frecuéntana. A illa era recordada nas tradicións orais hawaianas e atopáronse algúns restos da súa presenza, pero non hai evidencias de asentamentos permanentes. Ocasionalmente utilizouse como branco para exercicios militares de bombardeo aéreo.