Kagayaki
Kagayaki | |
---|---|
Tipo | Demostrador tecnolóxico |
Organización | Sorun Corporation |
Data de lanzamento | 23 de xaneiro de 2009, 3:54 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | H-IIA[1][5] |
Sitio de lanzamento | Centro de Lanzamento de Tanegashima[1][6] |
Obxectivo da misión | Demostrador tecnolóxico.[1][6] |
NSSDC ID | 2009-002D |
Masa | 28 kg[1] |
Dimensións | 31 x 31 x 35 cm[1] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 7032 km[2] |
Inclinación | 98,4º[2] |
Apoapse | 667,3 km[2] |
Periapse | 655,2 km[2] |
Kagayaki, tamén coñecido como SORUNSAT 1, foi un satélite artificial da empresa xaponesa Sorun Corporation lanzado o 23 de xaneiro de 2009 mediante un foguete H-IIA desde o Centro de Lanzamento de Tanegashima.[1][6][5]
Características[editar | editar a fonte]
Kagayaki era un pequeno satélite de 28 kg e un tamaño de 31 x 31 x 35 cm enviado a órbita durante un lanzamento múltiple cun foguete H-IIA. Desenvolvido pola empresa Sorun Corporation, o satélite foi construído por uns 40 estudantes no seu tempo libre e durante as fins de semana, con máis de 20 empresas de Arakawa (Tokio) contribuíndo á súa elaboración. Entre as súas características estaban o sistema de control de a bordo autónomo e un mastro inflable despregable. Entre os obxectivos do satélite estaban a observación de lixo espacial e a observación de correntes eléctricas aurorais. Despois da súa posta en órbita non se recibiron sinais do satélite.[1][6][5]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 NASA (5 de setembro de 2019). "Kagayaki" (en inglés). Consultado o 2 de agosto de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 N2YO (2020). Real Time Satellite Tracking, ed. "KAGAYAKI" (en inglés). Consultado o 2 de agosto de 2020.
- ↑ Claude Lafleur (2020). "Kagayaki" (en inglés). Consultado o 2 de agosto de 2020.
- ↑ "Note verbale dated 7 July 2010 from the Permanent Mission of Japan to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (10-58002(E)). 24 de novembro de 2010: 3. Consultado o 2 de agosto de 2020.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Kagayaki (SORUNSAT 1)" (en inglés). Consultado o 2 de agosto de 2020.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 Mark Wade (2020). "Kagayaki" (en inglés). Consultado o 2 de agosto de 2020.