Judicat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os catro Judicats sardos.

Os Judicats (en italiano, Giudicati, do latín medieval, Judex Provincae) eran catro rexións da Sardeña medieval que conservaron unha grande autonomía entre o século VIII (sábese fixo que a súa creación foi en 851, grazas a unha carta do papa León IV que pide a axuda dos Judices Sardiniae) e o século XIII.

Historia[editar | editar a fonte]

A súa estrutura baseábase nunha división administrativa do Imperio Bizantino, de cando Sardeña dependía do exarcado de África, situado en Cartago. O maxistrado que residía en Cagliari era chamado Praeses ou Iudex Provinciae e dispuña do goberno civil mentres que o poder militar era confiado a un Dux, instalado en Forum Traiani para controlar a Barbagia. Rapidamente, cada judicat, contrariamente aos sistemas feudais continentais, baseábase nun territorio administrado, chamado Logu (lugar) ou Rennu (reino), con terras do Estado, e era gobernado segundo as regras do dereito romano-bizantino.

As razzias incesantes e a loita permanente contra os Sarracenos remataron por illar a illa e provocaron unha crecente autonomía dos judicats con respecto ao poder bizantino, demasiado lonxe, ata tal punto que se consideraban independentes e soberanos.

Os seus xefes eran os Xuíces (en sardo, Iudikes, en italiano, Giudici), elixidos pola Corona de Logu (un parlamento sardo). Os seus nomes eran, de norte a sur:

Perderon progresivamente a súa independencia entre 1258 e 1410 en razón da presenza crecente dos Pisanos e do Reino de Aragón.

O judicat máis célebre é o de Arborea, que mantivo a súa independencia ata 1410, especialmente grazas á persoa de Eleonora de Arborea.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]