Juan Rodríguez Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJuan Rodríguez Rodríguez
Biografía
Nacemento1887 Editar o valor em Wikidata
San Pedro, España Editar o valor em Wikidata
Morte10 de abril de 1937 Editar o valor em Wikidata (49/50 anos)
Manzaneda, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Manzaneda
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata

Juan Rodríguez Rodríguez nado en San Pedro (Cesuris, Manzaneda) en 1887 e finado no mesmo concello o 10 de abril de 1937, foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Despois de facer o servizo militar en 1910 marchou ao Brasil onde casou coa súa paisana Arsenia Losada. Regresaron a Galicia en 1913 pero volveron marchar a Brasil en 1915. En 1923 regresaron definitivamente e construíron casa e un muíño en Langullo. Afiliado ao PSOE. Logo do triunfo da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936 foi nomeado concelleiro e despois alcalde de Manzaneda. Foi asasinado polos falanxistas de Langullo o 10 de abril de 1937.


Predecesor:
?
 
Alcalde de Manzaneda
 
1936
Sucesor:
José Luis Blanco Vicente

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Arsenia Losada e foi pai de Mario Rodríguez Losada.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Domínguez González, Xosé (1992). Mario de Langullo. O último fuxido. Santiago de Compostela: Sotelo Blanco. 
  • Téllez, Antonio (2000). A guerrilla antifranquista de Mario de Langullo o Pinche. Vigo: A Nosa Terra. pp. 17–18. ISBN 84-95350-25-4.