José Vilaboy Pajón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Vilaboy Pajón
Biografía
Nacemento1900 Editar o valor em Wikidata
A Calvela, España Editar o valor em Wikidata
Morte9 de xuño de 1990 Editar o valor em Wikidata (89/90 anos)
As Pontes de García Rodríguez, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde das Pontes de García Rodríguez
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónindustrial , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

José María Vilaboy Pajón, nado na Calvela (Somede, As Pontes de García Rodríguez) e finado nas Pontes de García Rodríguez o 9 de xuño de 1990, foi un industrial e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Manuel Vilaboy Prieto. Aos doce anos foi ás Pontes. Traballou como fundidor de metais nas Pontes e despois marchou a Cuba, onde perfeccionou a súa especialidade. Cando retornou traballou na Empresa Nacional Bazán de Ferrol, e despois estableceuse nas Pontes cun taller de fundición. Foi elixido alcalde das Pontes de García Rodríguez nas eleccións do 12 de abril de 1931, e tomou posesión o día 22 de abril; cesou no cargo en maio por anulación das eleccións. Celebradas novas eleccións o 8 de xuño, volveu ser elixido alcalde, permanecendo no cargo até maio de 1936 cando foi destituído polo Gobernador civil. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu, e pasou unha noite pechado nun nicho do cemiterio das Campeiras. Nos anos finais do franquismo foi presidente do Liceo Artístico e Recreativo das Pontes e despois do Fogar do Xubilado.[1] Finou nas Pontes de García Rodríguez o 9 de xuño de 1990.[2]


Predecesor:
Narciso Cabarcos Bellas
 
Alcalde das Pontes de García Rodríguez
 
1931
Sucesor:
Honorio Ferreiro Cortiñas
Predecesor:
Honorio Ferreiro Cortiñas
 
Alcalde das Pontes de García Rodríguez
 
1931 -1936
Sucesor:
Servando López Cao

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Unha rúa das Pontes leva o seu nome dende 1992.[3]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Antonia Iglesias Vales en 1935 e foi pai de José e María Teresa Vilaboy Iglesias.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 17-7-1982, p. 36.
  2. La Voz de Galicia, 10-6-1990, p. 70.
  3. "El pleno pontés apoyó el traslado de población de los vecinos de A Casilla", La Voz de Galicia, Ferrol, 26-7-1992, p. 47.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Sande, María (2013). Alcaldes de As Pontes. Un recorrido desde 1836. A Coruña: Asociación Pro-Muevete. ISBN 978-84-616-6599-0. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]