José Sueiro López

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Sueiro López
Biografía

José Sueiro López, nado en Mesía cara a 1905, foi un labrego e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Veciño de Céltigos. Logo do triunfo da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936 foi nomeado concelleiro de Frades en marzo, na comisión xestora presidida por Jesús Lodeiro Souto, e foi síndico da corporación.[1][2] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado por rebelión na Coruña o 4 de setembro de 1937 xunto con Ramón Cabo Budiño, Jesús Sánchez Rodríguez, José Mirás, Antonio Sánchez Uzal, Manuel Pérez Tojo, José Pérez Cabo, José Díaz Vázquez, Antonio Sánchez Sánchez, Manuel Grobas Oliver, Antonio García Iglesias, Jesús Corral Ferrer, Manuel Mella Sánchez, José Vázquez Sánchez, Manuel Bermúdez Tizón, Constante Carro Bermúdez e José Bermúdez Fraga.[3][4] Foi condenado a cadea perpetua. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1942.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 17-3-1936, p. 6.
  2. Concelleiros da corporacións republicanas
  3. El Ideal Gallego, 5-9-1937, p. 4.
  4. La Voz de Galicia, 5-9-1937, p. 3.
  5. BOE, 24-8-1942, p. 3330.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]