José Maseda Vaamonde

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Maseda Vaamonde
Biografía
NacementoBetanzos, España Editar o valor em Wikidata
Morte26 de xaneiro de 1938 Editar o valor em Wikidata
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

José Maseda Vaamonde, nado en Betanzos e finado na Coruña o 26 de xaneiro de 1938, foi un labrego e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Coñecido polo alcume de "O calderetero". Pertencía á CNT e a FAI. Foi procesado por tenencia de explosivos e polo atentado da Terraza de Sada en 1934.[1] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 botouse ao monte. Ferido dende o comezo do golpe, estaba oculto na casa de Lucas Uzal Suárez, na parroquia de Loureda (Cesuras). Foi detido xunto con Lucas Uzal e o seu pai en outubro de 1937. Xulgados na Coruña en consello de guerra o 18 de decembro,[2] foi condenado a morte e Lucas a doce anos de cadea. Foi fusilado no Campo da Rata o 26 de xaneiro de 1938 con Lisardo Longueira García, Justo Galán Barbero e Antonio Santos Fernández.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 8-8-1934, p. 9.
  2. La Voz de Galicia, 19-12-1937, p. 6.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]