José María Pernas
Biografía | |
---|---|
Deputado no Congreso dos Deputados | |
13 de marzo de 1979 – 31 de agosto de 1982 Lexislatura: I lexislatura de España Circunscrición electoral: Pontevedra Electo en: Eleccións Xerais 1979 en España | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Lingua | Lingua castelá |
José María Pernas Martínez, é un industrial, avogado e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciado en Dereito pola Universidade de Madrid. Director Xerente de Construcciones Pernas S.A. e Conselleiro de varias sociedades. Foi presidente de Acción Católica de Tui-Vigo e presidente da Asemblea Local da Cruz Vermella. Foi fundador e membro da Xunta Directiva da Asociación de Empresarios da Construción da Provincia de Pontevedra. Foi Tenente de Alcalde e candidato á alcaldía de Vigo. Foi conselleiro Xeral da Caixa de Aforros Municipal de Vigo. Foi elixido deputado do Congreso por UCD pola provincia de Pontevedra na I lexislatura (1979-1982).
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Ficha no Congreso dos Deputados Arquivado 20 de marzo de 2019 en Wayback Machine.