José María López Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé María López Rodríguez
Biografía
Nacemento5 de xuño de 1844 Editar o valor em Wikidata
Ribadeo, España Editar o valor em Wikidata
Morte6 de marzo de 1913 Editar o valor em Wikidata (68 anos)
Xixón, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescultor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables

José María López Rodríguez, nado en Ribadeo o 5 de xuño de 1844 e finado en Xixón o 6 de marzo de 1913, foi un escultor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estatua de Don Pelayo en Xixón.

Xa de neno esculpia imáxes relixiosas. Recibiu clases de debuxo de José María del Valle e de talla de Pedro Sela. Estudou nun centro da Academia de Belas Artes de San Fernando de Madrid, baixo a dirección dos escultores Jerónimo López e Pedro Collado. Estableceuse en Xixón en 1864 aconsellado polo seu amigo médico Manuel Rúa, ao padecer unha grave enfermidade. Alí dedicouse a unha variada actividade artística. Exerceu a docencia e foi mestre de Xosé María Cao Luaces.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

En 1932 o Concello de Ribadeo puxo o seu nome a unha praza da vila.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]