Xosé María Cao Luaces
| Este artigo ou sección precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros de texto ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Xosé María Cao Luaces, nado en Santa María de Cervo, Lugo o 13 de decembro de 1862 e falecido en Lanús o 27 de xaneiro de 1918, foi un caricaturista galego.
Índice |
Traxectoria [editar]
De neno viviu en diferentes lugares da península, como Valladolid, Sevilla e Lisboa, debido á profesión do seu pai, funcionario de Facenda. Regresou á provincia de Lugo cando o seu pai foi empregado en Sargadelos, onde Cao comezou a debuxar con 13 anos. En 1877, cando pechou a vella fábrica, trasladáronse a Xixón, onde ingresou como pintor decorador na fábrica de louza "La Asturiana". Alí contactou co escultor Xosé María López Rodríguez, que lle ensinou técnicas de escultura e debuxo. Máis tarde empregouse noutra fábrica de porcelana de Vallecas (Madrid), pero regresou a Asturias ante a falta de perspectivas artísticas na capital. En Xixón dirixiu obradoiros de decorados dunha empresa de louza e cristalería.
Mudouse á Coruña, onde empezou a estudar diversas carreiras, como Comercio, Maxisterio e alfándegas e telégrafos. Comezou a facer os seus primeiros lenzos e retratos, á par que algúns ensaios de carácter literario. Nesta época comezou a ser recoñecido, como nun artigo no xornal El Liceo Brigantino. Daquela ingresou como militante no Partido Republicano Federal, liderado por Pi i Margall. Cría nun Estado Federal onde Galiza puidese manter a súa propia personalidade nacional.
Emigración [editar]
Tralo fracaso da Primeira República e as posteriores persecucións, e ante a falta de traballo, decidiu emigrar, como boa parte da súa xeración. Chegou a Bos Aires en 1886, onde comezou a facer caricaturas dos transeúntes no Paseo de Colón. Ó cabo dun ano logrou asociarse a un obradoiro de gravados, dar clases nun colexio particular, e comezar a colaborar en varias publicacións. A primeira revista importante onde colaborou foi en Sudamericano, onde estaba ó cargo da sección de retratos. Foi detido oito días por unha desas primeiras caricaturas, ó estar daquela Bos Aires en estado de sitio.
Entrou como caricaturista na revista satírica Don Quijote da man do seu director, Eduardo Sojo. O xornalista arxentino Soiza Reilly referiuse a eles nun artigo:
Rexionalismo [editar]
Cao decidiu fundar un xornal en galego tralo peche de Don Quijote por parte do goberno. El Eco de Galicia (homónimo de El Eco de Galicia editado na Habana), saíu o 7 de febreiro de 1892.
A publicación tiña un forte contido rexionalista. Cao dixo na súa presentación:
Desde as páxinas de El Eco de Galicia, Cao buscaba a refundación do Centro Galego de Bos Aires. Propuxo a utilización da redacción do xornal como Ateneo Artístico e Literario mentres non se constituíse o Centro Galego.
Falando do problema da lingua galega, dixo no artigo "Del país":
O primeiro Centro Galego de Bos Aires fundouse en 1879 e disolveuse en 1892. Cao consideraba moi importante a súa actividade, polo que o 14 de agosto de 1893 redactou unha circular promovendo a súa refundación, acompañada doutras sinaturas destacadas da colectividade. Xunto a súa sinatura aparecían as de Castro López, Victorino de la Riega, Federico López Portocarrero, Luis Williman, Antonio Botana, Xaquín Vaamonde, Vicente Rey e Antonio Portela. Nela dicían: "queremos unha asociación eminentemente rexional composta de elementos afíns, libremente organizada polo que esixe ou reclama imperativamente o numeroso, o importante da nosa colonia...".
O 20 de agosto tivo lugar unha asemblea despois de discutir os regulamentos. Xosé María Cao resultou elixido presidente da Xunta Directiva Provisional, e como secretario elixiuse a Castro López. A comisión directiva durou pouco tempo, ó renunciar a directiva na asemblea do 26 de novembro.
Os seus debuxos e artigos contiñan unha ironía punzante. Pouco tempo durou á fronte de El Eco de Galicia, pois ós poucos meses vendeullo ó xornalista lugués Castro López, co que compartía os ideais do Partido Republicano Federal e da masonería.
Tamén participaba activamente no "Orfeón Gallego", do cal foi organizador e director. Del dixo que estaba destinado ó "amor os nosos costumes, ao noso idioma, á nosa Galiza e ás súas lexendarias tradicións".
O 1 de xaneiro de 1894 comezou a editarse a revista El Cid Campeador, refundada en 1895 como a revista La Bomba. Nesta últimas publicacións realizou caricaturas moi críticas contra os EEUU pola súa intervención en Cuba.
En 1889 deseñou o traxe usado polos compoñentes da rondalla do Orfeón Galego no entroido daquel ano. Foi debuxante do xornal ilustrado El Alerquín, dirixido polo escritor arxentino Roberto Payro. No ano 1900 foi premiado con 500 pesos polo segundo premio do concurso de carteis artísticos da marca de coñac Domecq, obtendo 1.000 pesos de premio. Malia todos os éxitos acadados anteriormente, foi na revista Caras y Caretas onde se consagrou como artista e periodista. Esta publicación converteuse na revista emblemática do xornalismo do seu xénero, creando unha verdadeira escola da caricatura latinoamericana. Soiza Reilly dixo: "...díxose que Cao era un artista. Érao nas súas caricaturas, nos seus ideais, en todas as horas da súa vida. Pois máis que un artista era un psicólogo profundo. Era un coñecedor, un analista dos homes...".
Xosé María Cao, paralelamente a Caras y Caretas, desenvolveu unha intensa actividade xornalística nos máis prestixiosos xornais arxentinos. Así dirixiu a parte artística do suplemento de La Nación. As súas caricaturas foron factor determinante para o éxito xornalístico da revista Fray Mocho. Tamén colaborou na Revista Popular. Antes da súa morte retirouse da actividade xornalística fundando no Municipio de Lanus unha sociedade cultural chamada Madre Fraternidad.
Luís Seoane dixo nunha pequena biografía realizada a Cao:
Pasamento [editar]
Faleceu o 27 de xaneiro de 1918 na súa casa de Lanús. A revista Caras y Caretas, da que fora director, dixo: "Foi este nobre mestre do lapis e da pluma un revolucionario, un transformador do humorismo arxentino. A caricatura non seguía o desenvolvemento acelerado da nosa cultura; a ironía burda debuxaba sobre as pranchas litográficas valéndose de todos os medios sen lei. Cao atopou o xeito de facer humorismo san e a caricatura gañou en profundidade e intención en formas.
Adaptándose ao ambiente con todo o poder dúctil da súa mestría, Cao soubo facer labor netamente arxentino; era europeo e non quixo porén europeizar...".
O seu amigo Soiza Reilly na súa fermosa semblanza seguiu dicindo: "Na revista máxima o xenio de Cao atopou campo aberto ao seu espírito. Fixo discípulos e fíxoos non só coas súas ensinanzas senón que tamén co seu estímulo e o seu impulso paternal de mestre. Non sentía envexa por ninguén. O seu corazón sinxelo, inclinado á fraternidade, levouno á masonería onde acadou o grao máis alto pola súa actividade, pola súa tenrura, pola súa fe nos destinos do home. ¡Ben fixo a cidade marabillosa en glorificalo! Bos Aires devólvelle en amor todo o amor que el sentiu por Bos Aires".
Xosé María Cao, o "pai da caricatura Arxentina", pasaría inadvertido para a maioría dos galegos e dos seus historiadores. Foi Alberto Vilanova e o polifacético Luís Seoane os que reivindicaron o seu destacado papel na plástica galega. Seoane na súa biografía sobre Cao dixo que foi o primeiro do seu estilo xa que algúns críticos soamente fan referencia a Tabarra e a Castelao.
No seu folleto biográfico Seoane dixo: