José Fernández Formoso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Fernández Formoso
Biografía
Nacemento1908 Editar o valor em Wikidata
Ortigueira, España Editar o valor em Wikidata
Morte8 de febreiro de 1943 Editar o valor em Wikidata (34/35 anos)
Chavín, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata

José Fernández Formoso, nado en Ortigueira cara a 1908 e finado en Chavín o 8 de febreiro de 1943, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Labrego aveciñado no Couce Mosquento (Devesos). Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte e uniuse ao Grupo Neira. O 8 de febreiro de 1943, cando participaba no asalto ao veciño de Rúa (Cervo) Manuel Otero Mon con outros tres guerrilleiros, foron denunciados á Garda Civil de Cervo por outro veciño. Perseguidos pola benemérita, refuxiáronse nunha casa de Castro en Chavín. Descubertos, iniciouse un tiroteo e José Fernández resultou morto. O resto dos compoñentes do grupo lograron fuxir. Na acción tamén morreu o garda civil Amando Díaz Montero.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "La Guardia civil de Cervo mató a un atracador huído desde la iniciación del Movimiento", El Progreso, 11-2-1943, p. 2. Na información figura por erro que o nome do guerrilleiro morto era Jesús Iglesias Escourido.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Nuevo, Carlos (1977). "Antes e despois da guerra en Viveiro". O 36 na Galiza. Vigo: A Nosa Terra. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]